LADOALDAO
Enviado por Esperanza o Mar, 28/06/2016 - 05:06
LUCÍA ALDAO E MARÍA LADO: Un espectáculo de poesía, historias e cancións para emocionar a aquelas persoas que odian a poesía. Espléndida actuación coa que conseguen darlle a volta ao discurso reaccionario da "imposición del gallego" Un recital ameno, dotado de ritmo e comunicación aberta co espectador, no que este adquire, ademais, un papel activo. Nel escoitamos música, xogos, historias que rodean os poemas, momentos de reflexión e comunicación poética en estado puro Aínda que o título do espectáculo é " Moita poesía e pouca diversión", a realidade non se corresponde exactamente con el. É verdade a primeira parte: "Moita poesía" , pero resulta perfectamente compatiblee con " Moita diversión". Os rapaces de 3º e 4º de ESO, así como os de 1º de BAC ficaron encantados e con ganas de máis. Eles mesmos comentaron que a actuación se fixera curta e, sobre todo, divertida e amenísima. |
|
»