espazoAbalar

                                                                   

 

O espazoAbalar é unha moderna plataforma desenvolta pola Consellería de Educación e a Axencia para a  Modernización  Tecnolóxica de Galicia con dous obxectivos:

  • Achegar a educación aos cidadáns, incrementando a eficacia dos servizos que se lle proporcionan.
  • Desenvolver as TIC no ámbito educativo, fomentando a participación e motivación do alumnado e loitando contra o fracaso escolar.

O espazoAbalar estase a desenvolver dun xeito continuado no tempo coa inclusión de novos servizos para toda a comunidade educativa. Actualmente dispón dun espazo adicado ás Familias (espazoFamilias), o que permite aos pais e nais integrarse en maior medida na vida académica dos seus fillos/as, un espazo para os profesores (espazoProfesores) e outro para os centros educativos (espazoCentros). Tamén está a disposición de toda a comunidade educativa un repositorio de contidos educativos dixitais.

 

                                           

abalarMóbil  

O IES Monte Castelo participa no programa abalarMóbil dende o curso 2015/16. abalarMóbil está dispoñible para os responsables do alumnado para poder acceder ao seu perfil de espazoAbalar dende o seu teléfono móbil e así utilizar as súas funcionalidades dende calquera lugar de forma cómoda e rápida. As funcionalidades e servizos que as familias poden utilizar dende o seu móbil son:

-Acceder aos datos persoais

-Consultar as cualificacións

-Comprobar e xustificar as faltas de asistencia

-Consultar o apartado de faltas de conduta

-Solicitar unha titoría

-Consultar os datos do centro educativo

-Consultar os avisos ou notificacións

-Consultar as incidencias

 

Toda a información está dispoñible na web da Consellaría: https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/nova/abalarmobil

Tamén poden consultar a guía para as familias no arquivo adxunto ao final deste documento.

 

 

                                             

EDIXGAL

O IES Monte Castelo participa no programa EDIXGAL dende o curso 2018/19. EDIXGAL está dispoñible para o alumnado dos cursos 1º e 2º ESO.

Profesorado e alumnado dos centros implicados desenvolverán a sua actividade educativa diaria nun entorno virtual de aprendizaxe que lles va a permitir acceder a contidos dixitais de varias editoriais.

Os docentes poden elaborar a súa propia “mochila dixital” seleccionando a través da plataforma dixital os contidos formativos e podendo incorporar os materiais complementarios que desexen, así como contidos de elaboración propia.  Cómpre recordar que estes centros, integrados no proxecto Abalar, teñen tamén a súa disposición o espazoAbalar con máis de  2.900 recursos educativos dixitais complementarios en sete idiomas.

O alumnado pode acceder ao material seleccionado polo profesorado tanto a través dunha conexión a internet (modo online) como dende o seu netbook (modo offline). Deste xeito, garántese que os alumnos e as alumnas que non dispoñan de conexión a Internet desde as súas casas, poidan seguir o curso sen dificultade. De feito, todo o avance que realicen sen conexión será actualizado de maneira automática na plataforma en canto o netbook volva ter conexión de rede.

 

AdxuntoTamaño
guia_mobil-familias_-galego.pdf1.28 MB
guia_profesorado_espazoabalar.pdf4.69 MB