XVII Intercambio Poussan- Burela
XVII Intercambio Poussan- Burela
O IES Monte Castelo acolle dende 14 ata o 19 de febreiro de 2016 a 30 alumno/as e dúas profesoras do centro “Via Domitia” de Poussan.
A visita enmárcase nun programa de intercambio, iniciado hai 17 anos e valorado pola comunidade educativa do centro como unha experiencia de inmersión lingüística e intercambio cultural moi enriquecedora para o alumnado e o profesorado participante.
Ademáis de convivir coas familias acolledoras, o programa da actividade inclúe a visita a Santiago de Compostela, Estaca de Bares, Taramundi, A Coruña e Sargadelos. O venres o grupo será recibido no Concello de Burela.
A estancia do alumnado do IES Monte Castelo na cidade francesa terá lugar estre os días 12 e 19 de marzo
Esta actividade está organizada polo departamento de francés e participan os alumnos de 3º e 4º de ESO da materia de francés.
A noticia na Voz de Galicia no enlace: http://www.lavozdegalicia.es/noticia/amarina/2016/02/17/30-alumnos-dos-profes-poussan-francia-estancia-burela/0003_201602X18C7998.htm
O venres foron recibidos no Concello de Burela polo alcalde Alfredo Llano que os agasallou cun pin e co escudo do Concello burelés.
A noticia en Crónica 3 no enlace:http://www.cronica3.com/2016/02/alfredo-llano-ofreceu-unha-recepcion-aos-alumns-e-mestras-dun-centro-de-poussan-que-pasaron-os-ulitmos-dias-de-intercambio-en-burela/