MAGOSTO NO MONTE CASTELO
Enviado por Esperanza o Xov, 03/12/2015 - 05:03
Como xa se vén facendo nos últimos anos, unha vez máis aproveitamos a tarde do luns 16 de novembro para recuperar unha tradición ben nosa, o magosto. Na primeira hora, os rapaces do Ciclo de actividades Físicas e Deportivas prepararon un montón de xogos tradicionais para ir entretendo os pequenos mentres non estaban asadas as castañas. Na segunda hora, 1, 2 ,3, e 4 de ESO co seus respectivos profes, degustamos este froito do outono tan prezado. A música tradicional axudou a facer unha tarde de luns completamente diferente. |
|
»