Club de lectura- Visita o Castro de Viladonga

Club de lectura- Visita o Castro de Viladonga

O luns 18 de maio de 2015- O alumnado de 3º de ESO que forma parte do Club de Lectura do centro acompañados por Cecilia Martín, responsable da biblioteca e organizadora da actividade, asisitiron a un espectáculo no Castro-Museo de Viladonga en Castro de Rei. A visita coincidiu coa celebración do Día Internacional dos Museos.

O Museo do Castro de Viladonga celebra o Día Internacional dos Museos, que este ano ten por lema Museos para unha sociedade sostible. As actividades do sábado 16 complétanse o luns 18 coa actuación do grupo Cal y Canto Teatro co espectáculo " A-TA-KA ", composto por coreografías con cometas de animais
fantásticos.

Ademáis as nosas alumnas foron entrevistadas pola televisión de Galicia no telexornal Galicia (minuto 3.55) podedes velo na seguinte ligazón: http://www.rtve.es/alacarta/videos/telexornal-galicia/telexornal-galicia-2-18-05-15/3132237/