Taller de cociña Mediterraneamos
Taller de cociña Mediterraneamos
**Despois da boa acollida con 1º e 2º de ESO, o xoves 4 de maio realizouse novamente un taller de cociña mediterránea para alumnado de 3º de ESO.
** Venres 15 de maio de 10 a 14 horas na aula de usos múltiples levarase a cabo un taller de cociña mediterránea para alumado de 1º e 2º de ESO. Despois do taller participaron nunha clase de zumba.
Esta actividade está organizada pola Dirección do centro en colaboración co Ministerio de agricultura, alimentación e medio ambiente.
O Ministerio leva a cabo un ano máis,a súa campaña de “mediterraneamos” en centros escolares. A edición 2015, de abril a novembro, dirixise a 40.000 escolares de 8 a 16 anos, co obxectivo de guiar a nenos e adolescentes hacia unha alimentación variada e equilibrada, hacia a nosa Dieta Mediterránea, así como involucralos en bos hábitos alimenticios e de vida.