Premio Imaxiña 2014
Enviado por Anónimo o Xov, 07/05/2015 - 06:08
Premio Imaxiña 2014
Xoves 16 de abril de 2015. Os IES Alfoz-O Valadouro e Monte Castelo convertéronse nos grandes triunfadores do Festival Audiovisual da Mariña Imaxiña 2014. A Fundación Imdecum deu a coñecer os nomes dos gañadores na casa da cultura de Ferreira do Valadouro, nun acto que contou coa presenza da concelleira de Cultura, María José Fernández, e os fotógrafos mariñáns Héctor Manasé e María G. Mesa, ademÁis do presidente do entidade, Marcelino Luna, acompañado por Juanma Marrube, responsable da área de Deporte na fundación.
A edición de 2014 resolveuse con premio na categoría de Fotografía, e coa imaxe dun faro, de Javiera Duarte Araya, de 2º BAC do IES Monte Castelo.
»