Conferencia sobre os dereitos humanos
O luns 10 de decembro os alumnos de 1º e 2º de BAC asisitiron a unha conferencia sobre "Os dereitos humanos e os obxectivos do milenio: avanzamos ou retrocedemos". Esta actividade foi organizada polo departamento de Orientación e tivo lugar no Auditorio municipal de Burela. A conferencia foi impartida por Roberto Mansilla, técnico do Fondo Galego e o Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional.
O obxectivo desta actividade é achegar ó alumnado información sobre o Fondo Galego de Cooperación e Solidaridade, unha institución pública mancomunada do poder local galego, e os seus ambiciosos proxectos sociais para concentrar esforzos a prol da cooperación internacional ao desenvolvemento.