Prácticas de alumnos do Ciclo de Actividades Físicas coa Fundación Eu Son
O mércores 1 e o venres 3 de febreiro os alumnos de 2º curso do Ciclo Superior de Animación de Actividades Físicas e Deportivas realizarán prácticas en colaboración coa Fundación Eu Son de Burela, que proporciona asistencia a persoas con discapacidade psíquica en idade laboral.Esta actividade está relacionada co módulo formativo "Actividades físicas para persoas con discapacidade".
Esta actividade continuará o mércores e venres da próxima semana xa que se levará a cabo durante 4 sesións de 15:15 a 17:00 horas.