Seminario de contacto Grundtvig en Santiago de Compostela

A profesora Lidia Rodríguez Moreda paricipou nun seminario internacional Grundtvig en Santiago de Compostela. O seminario foi organizado pola Consellería de Educación e o Organismo Autónomo de Proxectos Europeos do MEC e participaron centros de formación de adultos dos diferentes paises da Unión Europea.
O obxectivo do seminario é a elaboración de proxectos dirixidos á formación de persoas adultas, intercambio de experiencias metodolóxicas, modelos organizativos de ensinanza de adultos, ...


O IES Monte Castelo presentará a Unión Europea o proxecto PTO: PATHWAY TO OPPORTUNITIES.
O Instituto Monte Castelo coordinará o proxecto, en caso de ser aprobado pola Unión Europea, sobre a formación de persoas adultas xóvenes en risco de exclusión. No proxecto participarán organismos públicos e privados de emprego, centros de formación de persoas adultas, centro de formación de profesores e universidades, de Reino Unido, Lituania, Alemania, Italia., Turquía e Nueva Caledonia.


Na páxina web da Consellería de Educación