Eventos
Aviso para todo o alumnado do Ciclo Superior de Prevención de Riscos Profesionais.
A presentación presencial do ciclo será o próximo xoves 12 a 16:00 h na Aula de Usos Múltiples do centro.
Tamén haberá unha presentación online para todos aqueles alumnos/as os que non lles sexa posible asistir presencialmente. Esta presentación realizarase a través da plataforma de formación as 17:00 h do xoves 12 de setembro.
O alumnado que ainda non pode acceder a plataforma de formación debe chamar ou enviar correo o centro para recibir instruccións de como proceder.
Bo comezo de curso!
O noso centro forma parte da Rede de Capacitación Dixital, polo que no vindeiro curso 2024-2025 impartiremos cursos de CAPACITACIÓN DIXITAL.
Obxectivos xerais principais dos cursos
- Identificar, localizar, obter, almacenar, organizar e analizar información dixital, datos e contidos dixitais.
- Comunicar en contornas dixitais e compartir recursos propios a través de ferramentas en liña.
- Crear e editar contidos dixitais novos.
- Protexer a información e datos persoais.
- Identificar necesidades de uso de recursos dixitais para ampliar coñecementos.
- Outras necesidades da vida cotiá do noso alumnado.
Características dos cursos
Son cursos gratuítos de 30 horas en horario de tarde. Haberá varios grupos e diversas quendas e horarios. Unha vez superado obterás un certificado de asistencia e aproveitamento válido para oposicións, concursos, bolsas...
Destinatarios
Persoas maiores de 18 anos non matriculadas noutros estudos dependentes da Consellería de Educación.
INFORMACIÓN E MATRÍCULA NO CENTRO A TRAVÉS DO TELÉFONO, EMAIL OU PRESENCIALMENTE
Teléfono: 982828241
Correo electrónico: ies.monte.castelo@edu.xunta.gal
Descarga aquí a ficha de inscripción.
¡ANÍMATE A FORMARTE CON NOS!
O xoves día 3 de outubro, o IES Monte Castelo foi distinguido co premio Antonio Fraguas na súa XIII edición do seu Proxecto Didáctico na categoría de ensino secundario. A proposta presentada foi “A sustentabilidade das artes de pesca a través do proceso de encascado de redes. O caso de Burela”.
O acto tivo lugar no Museo do Pobo Galego e ata alí desprazáronse en representación do Centro, a súa directora, Lidia Rodríguez; a vicedirectora, Rocío López; e dúas profesoras que participaron no proxecto: Herminia Pernas e Sonia Prado. Foron recibidas pola presidenta da Fundación Antonio Fraguas, Concha Losada, e o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, quen lles entregaron o premio.
Trátase dun proxecto interdisciplinar no que participan varios Departamentos: Xeografía e Historia, Artes, Linguas e Tecnoloxía xunto co Ciclo Superior de Química e Saúde Ambiental. Tamén están implicadas entidades e asociacións locais como as áreas de Cultura e Medioambiente do concello de Burela; a Confraría de Pescadores e as asociacións A Moncloa e Fanto Fantini, co apoio prestado polos pintores urbanos Belén Mogo e Martín Lestao.