Eventos
O noso compañeiro Bexamín Soto lanza o Club de Lectura Dinámico.
En que consiste isto do club de lectura dinámico? Pois en que os participantes terán a posibilidade de asistir a 3 talleres nos que o propio escritor, coa axuda dalgún alumno voluntario, abordarán temas importantes tratados no seu libro "Comeza a Sumar" , pero cun enfoque mais práctico. Deste xeito, os interesados poderán completar contidos do libro, pero tamén poñelos en práctica de forma amena e guiada.
No documento adxunto tes toda a información.
Este curso o noso centro participa no programa NUTRIESCOLAS.
No marco deste programa imos comezar co primeiro periodo de reparto de frotia e leite. Durante este mes de febreiro estaremos varios días repartindo froita nos recreos e leite a saída do centro.
Para financiar o reparto de froita e leite contamos coa axuda do FOGGA para centros escolares.
PIALE 2023 – Modalidade 1
Memoria de difusión
Docente: Xoán Antón Vizoso Veiga
Especialidade: Lingua Inglesa
Centro de orixe: IES Monte Castelo, Burela
Centro en Canadá: Jarvis Collegiate Institute, Toronto, Canada
Período de estadía: 5/11/2023 – 2/12/2023