Eventos
Basándonos no Plan de Autoprotección elaborado por os Técnicos superiores en Prevención de Riscos Laborais, Jesús Jacobo de Lamas Pedreira e Pedro Fernández Rey con data de 15 de setembro de 2007, procedemos a actualización déste.
O Plan de Emerxencia e Evacuación que se recolle no documento adxunto actualiza os datos do novo equipo directivo e outros aspectos que se foron mellorando.
Unha vez realizado o simulacro de evacuación, farase un informe cos resultados, que recollera os puntos que se detallan no pdf adxunto.
Preparación de medios de cultivo no laboratorio de Saúde Ambiental, no módulo de Augas de uso e consumo:
-Agar Mc Conkey
- Agar Rosa de Bengala cloranfenicol
-Caldo lactosado
Preparación de medios de cultivo from Eugenia on Vimeo.
Curso de Soporte Vital Básico(SVB) e Desfibrilación semiautomática externa(DESA).
Como todos os anos o alumnado do ciclo superior de Saúde Ambiental, fórmase e obten o título de SVB, gracias ó programa RCP na aula e os seus profesores.
Tamén reciben esta formación o alumnado de Coidados auxiliares de enfermaría.
Curso de Soporte Vital Básico from Eugenia on Vimeo.
A Estación Meteorolóxica do Ies Monte Castelo
Forma parte da rede de estacións metereolóxicas de la AEMET. Localización: 43°39'04.0"N 7°21'26.0"W
Dende 1984 colabora coa central metereolóxica de A Coruña, perfeccionando e ampliando o seu equipo de medición e dende abril de 1984 rexistrando datos diarios.
Podemos recoller datos como a temperatura máxima e mínima ou o volume de auga de chuvia, é dicir, cantos litros de chuvia caeron.
Estación meteorolóxica de Burela from Eugenia on Vimeo.
O captador de pequeno volume serve para recoller mostras de contaminantes que se atopan no aire. Fai pasar o aire a través dun filtro no que se depositan as substancias a analizar, no noso caso partículas de pequeno tamaño que están suspendidas no aire.
Captador de pequeno volume from Eugenia on Vimeo.