Saltar navegación.
Inicio

Nova canle de lectura

Acaba de botar a andar outra nova canle de You Tube que se suma a Tales no Camballón.

Desta vez trátase dun espazo dedicado á lectura, tamén centrado nas producións do alumnado e promovido polo Departamento de Lingua galega e literatura. Chámase Camballón entre liñas e inaugurouse cunha serie de book trailers do alumnado de 1º e 2º de bacharelato

A NOSA lanzou con éxito a súa cápsula

     A NOSA, Axencia Espacial Escolar Galega, na que se integra o IES Marco do Camballón, lanzou o 30 de maio unha cápsula estratosférica que voou ata os 32000 m de altitude. A cápsula despegou ás 12h desde Ordes e aterrou ás 15.15h nas proximidades das fragas de Catasós, no concello de Lalín. Desde a ligazón pódese acceder a un vídeo-resumo e na galería pódense ver máis imaxes.

O alumnado do IES Marco do Camballón responsibilizouse principalmente das funcións científicas implicadas. Por un lado, deseñou un experimento biolóxico incorporado á cápsula, co propósito de avaliar a habitabilidade do seu interior nun voo de condicións tan extremas. Enviáronse tres mostras: unha miñoca viva, uns xermolos de legumes e un frotis.

Probas libres TAPSD

 

O venres día 9 de xuño ás 10,30 horas na aula 203 do IES Marco do Camballón terá lugar a presentación inicial das probas libres do ciclo de Atención a persoas en situación de dependencia. Pódese consultar a información completa sobre os días e lugares de celebración destas probas nesta ligazón.

A programación dos distintos módulos figura deseguido: Atención hixiénica, Destrezas sociais, Organización da atención a persoas en situación de dependencia, Primeiros auxilios e Teleasistencia.

 

As mámoas do Camballón recuperan visibilidade

Un logro máis do IES Marco do Camballón: o xacemento megalítico do Camballón será obxecto de intervención.

Hai catro anos o IES Marco do Camballón iniciou un proceso de posta en valor das Mámoas de Oirós, a través do proxecto "Palabras de Pedra", un proceso de normalización lingüística e participación social para dar a coñecer un dos xacementos megalíticos máis importantes de Europa. Naquela altura, a maioría do alumnado descoñecía a importancia desta necrópole megalítica.

O Clube da Lingua coordenou neste catro anos múltiples actividades nun proceso planificado inicialmente a tres anos, e posteriormente a cinco anos, no que se impulsaron actividades para que alumnado e veciñanza das Cruces, e do resto do país, coñecese as mámoas de Oirós. 

II Encontro Regueifesta

O vindeiro venres 12 de maio terá lugar no Auditorio de Galiza, en Santiago de Compostela, o   “II Encontro Regueifesta” de improvisación oral en verso, a partir das 10.30h.
 
O Proxecto Regueifesta  é un proxecto inovador que está a impulsar a improvisación oral en verso -valores, aprendizaxes e novas normas socio-culturais- no ambito educativo. O seu obxectivo é impulsar  un proceso de transformación a través da lingua, a música e valores de xustiza social, desde a dimensión lúdica da regueifa, e implicando a comunidade educativa e múltiples axentes sociais.
 
Regueifesta desenvolve un proceso de participación para a normalización lingüística, impulsando dinámicas de activismo no ámbito educativo, desde o protagonismo do alumnado, profesorado e comunidade educativa e vinculando a escola co movemento social. 
 
O Proxecto está a ser impulsado, inicialmente, polos institutos de Baio e As Cruces. No Encontro Regueifesta do vindeiro 12 participarán 20 centros de ensino de Compostela e do resto da Galiza. Así mesmo, tamén chegará o IES de Arratia, desde o País Vasco, para participar no segundo intercambio educativo Regueibertso de improvisación oral. 
 

NOSA prepara o seu novo lanzamento ao espazo

O alumnado de 4º de ESO e 1º de bacharelato forma parte desde este curso do proxecto de creación da Axencia Espacial Escolar Galega, NOSA, xunto co do IES Maruxa Mallo de Ordes e mais o do IES Miraflores de Oleiros. Esta iniciativa do departamento de Matemáticas concretarase nun lanzamento dunha cápsula á estratosfera o próximo venres, 5 de maio, co obxectivo de recadar datos científicos (capa de ozono, temperatura, presión atmosférica...) e de filmar imaxes do espazo.  Desta vez intentarán chegar ata os 35000 metros de altura.

Nas seguintes ligazóns pódese consultar máis información publicada nos medios de comunicación: Praza pública, Galicia confidencial, Sermos Galiza, RTVG

Concurso de fotografía

A Concellería de Educación de Vila de Cruces en colaboración coa biblioteca do centro convocan o concurso fotográfico "Ven ver isto. Mostra a túa contorna". O prazo remata o 31 de marzo. Pódense consultar as bases aquí.

Nova canle de Matemáticas

 

O departamento de Matemáticas acaba de abrir unha nova canle en youtube: Tales no Camballón, na que se poderán seguir as producións do alumnado relacionadas con esta materia.

Encontro de mulleres repentistas da Galiza

 

O próximo sábado 28 de xaneiro terá lugar o "I Encontro de Mulleres Repentistas de Galiza" no auditorio Xosé Casal de Vila de Cruces a partir das 18:00h. Está organizado polo alumnado da materia Regueifa e improvisación oral en verso de 2º de ESO do IES "Marco do Camballón". Pódese consultar máis información no Facebook ou en Regueifa.org.

Pon en valor a túa experiencia laboral

Acábase de convocar o programa Acredítate 2017.

Trátase dun procedemento para recoñecer, avaliar e acreditar, con carácter oficial, as competencias profesionais adquiridas no desenvolvemento dun traballo adquirido por vías non formais.

Prazo: 10 de xaneiro ao 3 de febreiro.

Máis información no Departamento de Orientación e nesta web.

Distribuir contido