Ciencia, aventuras e sorpresas dunha viaxe arredor do mundo
Enviado por admin o Sáb, 21/02/2015 - 15:22
Este é o suxestivo título da charla que Xurxo Mariño, profesor de Neurofisioloxía da Universidade da Coruña e colaborador do MIT (Massachusetts Institute of Technology, EEUU), impartirá o próximo martes 3 de marzo no noso instituto.
Hai pouco que regresou dunha longa viaxe por boa parte do mundo que vai compartir connosco grazas a esta actividade que organizou a Biblioteca do noso centro.
Educación médica e sexual no Camballón
Enviado por admin o Mér, 03/12/2014 - 17:22O 21 de novembro desprázaronse ata o noso centro un grupo de máis de 20 estudantes de Medicina da USC para realizar actividades sobre educación sexual e primeiros auxilios, dentro do proxecto denominado MERSH. Participou nelas o alumnado de 3º e 4º de ESO, que se amosou moi satisfeito con esta iniciativa da Biblioteca. Pódese ampliar información sobre ela no seu blog, Abre os ollos.
III Concurso de relato breve
Enviado por admin o Mér, 05/11/2014 - 18:12
Un ano máis, a Biblioteca do noso centro convoca o III Concurso de relato breve, que este ano co título de "Sígueme" propón darlle continuidade a un comezo que o narrador e poeta Fran Alonso tivo a xenerosidade de escribir especificamente para o alumnado do noso instituto.
O prazo para entregar os relatos remata o día 1 de decembro. Podedes consultar as bases completas no blog da biblioteca.
Concurso CambaNet 2014-15
Enviado por admin o Xov, 16/10/2014 - 17:08Por vez primeira, a biblioteca do IES Marco do Camballón e os departamentos de Lingua Galega, Matemáticas, Ciencias Sociais, Latín e Grego, Relixión, Música, Educación Física, Plástica, Orientación, Lingua Castelá, Filosofía e o EDLG convocan o concurso CambaNet 2014-2015. Os seus obxectivos son:
Premios extraordinarios de Bacharelato
Enviado por admin o Dom, 12/10/2014 - 06:47O IES Marco do Camballón quere felicitar a súa alumna Isabel Carmoega Taboada, que acaba de obter un premio extraordinario de bacharelato, dotado con 1000€. Estes premios son
convocados pola Consellería de Educación e pode concorrer a eles todo o alumnado que obtivese unha media igual ou superior a 8,75 puntos no bacharelato. Concédense un máximo de 20 premios para toda Galicia e é indispensable acadar unha cualificación mínima de 21 puntos.
Pódense consultar todas as cualificacións definitivas nesta ligazón.
Club de lectura
Enviado por admin o Dom, 05/10/2014 - 08:22Un ano máis, a biblioteca do centro pon en marcha o seu club de lectura, denominado Cambaleón.
O prazo para anotarse remata o 8 de outubro.
Axudas do Ministerio de Educación
Enviado por admin o Mar, 16/09/2014 - 11:46O 30 de setembro remata o prazo para solicitar as axudas do Ministerio de Educación y Ciencia 2014-15 para o alumnado que cursa Bacharelato, Formación profesional básica ou Ciclos formativos.
PAU: 100% aprobados e 9º posto de Galicia
Enviado por admin o Ven, 04/07/2014 - 11:13Despois da publicación dos resultados definitivos das PAU, o alumnado do IES Marco do Camballón obtivo o posto número 9 dos 278 centros que se presentaron a estas probas. Parabéns a todas e todos!
Así recolleron a noticia La Voz de Galicia e Faro de Vigo.
Contratación do servizo de cafetería para o curso 2014-15
Enviado por admin o Sáb, 28/06/2014 - 13:18Entre o 30 de xuño e o 4 de xullo poderase entregar na administración do IES "Marco do Camballón", en horario de 10:00h a 13:00h, toda a documentación necesaria para concorrer ao concurso público do servizo de cafetería deste centro.
Normas da biblioteca en vídeo
Enviado por admin o Mar, 27/05/2014 - 12:31Agora pódense coñecer as normas básicas de funcionamento da biblioteca dun xeito máis cómodo a través deste vídeo:
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- 23
- seguinte ›
- última »