Concurso CambaNet 2014-15
Por vez primeira, a biblioteca do IES Marco do Camballón e os departamentos de Lingua Galega, Matemáticas, Ciencias Sociais, Latín e Grego, Relixión, Música, Educación Física, Plástica, Orientación, Lingua Castelá, Filosofía e o EDLG convocan o concurso CambaNet 2014-2015. Os seus obxectivos son:
-
Fomentar o uso das TIC e promover a competencia dixital entre o alumnado.
-
Mellorar a competencia do alumnado na busca, a selección e o procesamento da información.
-
Contribuír a activar a curiosidade do alumnado polo coñecemento de distintos ámbitos do saber.
-
Fomentar o uso e o coñecemento da BE do centro entre o alumnado e o profesorado.
-
Promover a comunicación entre os distintos departamentos e a biblioteca.
Para poder participar é necesario inscribirse no blog da biblioteca entre o 21 e o 27 de outubro.
Pódense consultar as bases aquí.