NOSA prepara o seu novo lanzamento ao espazo
Enviado por admin o Dom, 30/04/2017 - 08:11
O alumnado de 4º de ESO e 1º de bacharelato forma parte desde este curso do proxecto de creación da Axencia Espacial Escolar Galega, NOSA, xunto co do IES Maruxa Mallo de Ordes e mais o do IES Miraflores de Oleiros. Esta iniciativa do departamento de Matemáticas concretarase nun lanzamento dunha cápsula á estratosfera o próximo venres, 5 de maio, co obxectivo de recadar datos científicos (capa de ozono, temperatura, presión atmosférica...) e de filmar imaxes do espazo. Desta vez intentarán chegar ata os 35000 metros de altura.
Nas seguintes ligazóns pódese consultar máis información publicada nos medios de comunicación: Praza pública, Galicia confidencial, Sermos Galiza, RTVG.