Deportes

Campionato Provincial XOGADE de Campo a Través en Vigo

   O alumnado clasificado na fase zonal da proba de campo a través do XOGADE tivo a oportunidade de participar, o pasado domingo 12 de febreiro, na fase provincial en Vigo.

   Na categoría cadete asistiron Noa de Oliveira, Noa Ortega e Manuel Souto, e na categoría infantil Lidia Calviño e Carla Pintor, estas dúas últimas clasificadas para o Campionato Galego Escolar que se disputará o vindeiro 4 de marzo na Pobra do Caramiñal.

   Parabéns a todos pola súa participación e agradecer o esforzo das familias para que o alumnado puidese partipar neste evento.

Viaxe á estación de esquí Valgrande-Pajares do alumnado de 3ºESO.

   Despois duns anos nos que non puidemos facer viaxes á neve, por mor das restriccións para a prevención da COVID-19, neste ano 2023 retomamos estas viaxes para iniciar ao alumnado na práctica de deportes de neve.
   O alumnado de 3º da ESO puido disfrutar de 3 días na Estación Invernal de Valgrande-Pajares, aloxados ao pé da pista e aproveitando ao máximo a neve, que neste caso non faltou.
   As condicións climatolóxicas non foron as mellores, tendo dous días a zona alta da estación pechada, pero a actitude positiva e as gañas de aprender do noso alumnado fixo que a experiencia resultase excelente.
   Gustaríanos trasmitir os nosos parabéns aos participantes e as súas familias pola colaboración e por ter participado nesta actividade organizada polo departamento de educación física do IES.

Campo a través, 12 de Xaneiro do 2023

   O pasado 12 de xaneiro o alumnado de 1° e 2° da ESO do noso centro participou na fase zonal da proba de campo a través do XOGADE. Disfrutaron dunha mañá de actividade deportiva con centros de toda a comarca e acadaron uns resultados excelentes logrando a clasificación para a proba provincial nenos e nenas de todas as categorías nas que participabamos. Pode consultarse nova en prensa aquí.

Visita Á Coruña co alumnado de 1º Bach

   O martes 8 de novembro visitamos a facultade de Ciencias da Actividade Física e o Deporte en Bastiagueiro e dúas exposicións no centro de Coruña, unha sobre intelixencia artificual e outra sobre obras mestras da cultura asiática.  
Rematamos facendo un percorrido de orientación polo centro de Coruña.

Éxito do alumno Mehdi Nabaoui

O pasado sábado Mehdi Nabaoui acadou a primeira posición no Campionato de España Sub20 na proba dos 5000m.

Nova no Faro de Vigo

Os nosos parabéns unha vez máis!!

Novo éxito de Mehdi Nabaoui

A pasada fin de semana Mehdi Nabaoui proclamouse campión galego absoluto de 3000m.

Nova en La Voz de Galicia.

Novo éxito de Mehdi Nabaoui

A pasada fin de semana, Mehdi Nabaoui acadou o primeiro posto no CIII Campionato de España de Campo a Través Individual e Federacións, na categoría sub-20.

Noraboa!!

Nova no "Faro de Vigo"

 

Sub 20 H_El Mehdi EL NABAOUI (MAR)_0_2397_resultado.JPG

Novo éxito do alumnado do MGB

Comeza o ano con novos éxitos do alumnado do MGB no V Torneo de Badminton Deputación de Pontevedra.

Noraboa!!

Nova na prensa: Faro de Vigo

(Foto do Faro de Vigo)

BadminntoAEstrada.png

Novo triunfo de Mehdi Nabaoui

O pasado domingo o noso alumno de 2º ESO B Mehdi Nabaoui clasificouse no primeiro posto da categoría sub-18 do Campionato de España de Campo a Través por Clubes disputado en Xixón.

Parabéns!

Máis información nesta ligazón.

Mehdi.jpg
Distribuir contido