Xefatura de estudios
Información sobre o final de curso para 2º de bacharelato (notas e revisión das cualificacións).
Enviado por admin o 12 Maio, 2021 - 12:13No enlace tedes toda a información sobre o final de curso para 2º de bacharelato: publicación de notas e prazos de revisión e posibles reclamacións.
IMPORTANTE: comunicacións relativas á COVID-19
Enviado por admin o 14 Outubro, 2020 - 13:05Todas as comunicacións relativas á COVID-19 deben realizarse a través do seguinte enderezo electrónico:
coordinacion-covid@iesgarciabarros.org
Comezo do novo curso 2020-2021: presentacións e instrucións iniciais
Enviado por admin o 15 Septembro, 2020 - 17:25As presentacións levaranse a cabo os días 23, 24 e 25 de setembro co seguinte horario:
Mércores 23 de setembro:
09:00: 1º ESO A 11:15: 2º ESO A
09:45: 1º ESO B 12:00: 2º ESO B
10:30: 1º ESO C 12:45: 2º ESO C
Xoves 24 de setembro:
09:00: 3º ESO A e PMAR 11:15: 4º ESO A
09:45: 3º ESO B 12:00: 4º ESO B
10:30: 3º ESO C 12:45: 4º ESO C
Venres 25 de setembro:
09:00: 1º BAC A 11:00: 2º BAC A
09:30: 1º BAC B 11:30: 2º BAC B
10:00: 1º BAC C 12:00: 2º BAC C
10:30: 1º BAC D 12:30: 2º BAC D
INSTRUCIÓNS INICIAIS PARA O CURSO 2020-2021
Volta ao centro en setembro
Enviado por admin o 31 Agosto, 2020 - 11:55A partir de mañá, 1 de setembro, volve a actividade ao noso centro. Á espera das indicacións da consellería para o inicio das clases o 16 de setembro, lembrade:
1. Se tes síntomas compatibles coa COVID 19, non acudas ao centro e busca asistencia sanitaria.
2. Catro indicacións básicas para os primeiros días de exames e notas:
- O uso de mascarilla é obrigatorio en todo momento.
- Mantén a distancia de seguridade e non compartas material.
- Hixieniza as mans ao entrar e ao saír.
- Segue en todo momento as indicacións do profesorado.
Calendario de setembro
Enviado por admin o 16 Xullo, 2020 - 18:31No calendario adxunto podedes consultar as datas dos exames de setembro, e todo o relativo a recollida de notas, revisións e reclamacións.
Fin de curso: entrega de notas, revisións e consello orientador
Enviado por admin o 18 Xuño, 2020 - 13:20No enlace podedes consultar toda a información referida ao fin de curso para a ESO e 1º de bacharelato.
Enlace ao calendario detallado.
Datas clave:
- Día 23 ás 17 horas. Publicación das notas na plataforma Abalar Móbil.
- Día 25 entre 10 e 14 horas. Revisións co profesorado da materia.
- Días 25 e 29 entre 10 e 14 horas. Solicitudes de revisión ante os departamentos.
- Día 30. Envío dos consellos orientadores.
Fin dunha etapa para o noso alumnado de 2º de Bacharelato
Enviado por admin o 11 Xuño, 2020 - 11:46Realizada a avaliación final de 2º de Bacharelato, titularon 82 dos 87 alumnos/as matriculados este curso.
E acadaron Matricula de Honra, cos catro mellores expedientes: Nuria Sanmartín Figueira, María Mato Requeijo, Mencía Vidal Obelleiro e Ana Quintela Mato.
A todas e todos queremos trasmitirlle a nosa noraboa e os nosos mellores desexos na nova etapa que comezan.
En recordo dos tempo que pasaron no centro, a profesora Marisa Otero elaborou o seguinte video:
Nova en La Voz de Galicia.
Calendario fin de curso para o alumnado de 2º de bacharelato: entrega e prazos de revisión das cualificacións
Enviado por admin o 4 Xuño, 2020 - 12:27O vindeiro luns 8, ás 18 horas, publicaremos as notas finais de 2º de bacharelato na plataforma Abalar Móbil. No enlace podedes consultar a información referida a revisión das cualificacións co profesorado da materia e cos departamentos.
Para o alumnado que así o desexe, poderá recoller o boletín no centro o martes 9, entre 9 e 11 horas da mañá, concertando antes a entrega no teléfono do centro, o 986 590104.
ABAU 2020: Normativa e organización. Aspectos prácticos.
Enviado por admin o 29 Maio, 2020 - 17:41Na seguinte ligazón pódese acceder a toda a información que o alumnado debe coñecer sobre a normativa-organización que regula a ABAU e os seus aspectos máis prácticos:
PRESENTACION CHARLA ABAU 2020
Respectando todas as medidas de prevención establecidas, programaranse varias datas para a celebración presencial da charla impartida polo profesor Augusto Otero, en varias quendas e con aforo limitado. Informoremos nos próximo días.
Clases presenciais para o alumnado de 2º de bacharelato a partir do 25 de maio
Enviado por admin o 22 Maio, 2020 - 12:02A partir do luns 25 de maio retomamos as clases presenciais para 2º de bacharelato segundo o calendario do enlace. Lembra que seguimos en estado de alarma:
1. Non esquezas a túa mascarilla.
2. Mantén a distancia de seguridade (2 metros).
3. Desinfecta as túas mans ao entrar no centro e sigue estrictamente as indicacións que atoparás na entrada.
Instalación por parte dos responsables do alumnado da aplicación Abalar Móbil
Enviado por Coordinación TIC o 29 Marzo, 2020 - 21:39Lembramos que, tal e como se informa todos os anos ao inicio do curso, está a disposición dos pais, nais e responsables legais do alumnado do IES Manuel García Barros a aplicación para smartphones “Abalar Móbil”. A partir da mesma poderase acceder, entre outros, aos seguintes servizos básicos relacionados co alumno/a:
- Cualificacións académicas.
- Mensaxes informativas por parte do profesorado, titor e equipo directivo, DE ESPECIAL IMPORTANCIA NO ACTUAL PERIODO DE SUSPENSIÓN DE CLASES.
Pódese obter máis información sobre o Abalar Móbil nas seguintes ligazóns:
Para instalar a aplicación Abalar Móbil pode empregar as ligazóns seguintes:
Smartphone Android | Smartphone Iphone |
http://play.google.com/store/apps/details?id=es.xunta.edu.abalarmobil |
|
Campaña de vacinación contra o meningococo ACWY
Enviado por admin o 17 Febreiro, 2020 - 11:21O vindeiro martes 18 de febreiro o Sergas virá ao centro para vacinar ao alumnado autorizado no marco da campaña de vacinación contra o meningococo ACWY. Trátase de alumnado nacido nos anos 2001, 2002 e 2003 (3ºA/B, 4º A/B/C e todo Bacharelato). Será en horario de 10:00 a 13:00 horas aproximadamente.
Campaña de vacinación fronte ao meningococo para os nados en 2001, 2002 e 2003
Enviado por admin o 29 Xaneiro, 2020 - 10:42O Sergas vén de pedir a colaboración do centro na súa campaña fronte ao meningococo para o alumnado nado nos anos 2001, 2002 e 2003. Non vindeiros días, os seus fillos e fillas levarán a casa unha circular informativa e un modelo de autorización. Temos ata o 6 de febreiro para recoller as autorizacións, e xa ao longo do mes de febreiro, especialistas do Sergas acudirán ao noso centro para proceder á vacinación do alumnado autorizado.
Inicio do programa Refórza-T
Enviado por admin o 8 Xaneiro, 2020 - 16:38O noso centro foi seleccionado para o programa da Consellería Refórza-T, para alumnado de 1º e 2º da ESO. Estamos á espera de que sexa nomeado o profesor ou profesora encargado, e so entón faremos unha reunión coas familias antes de iniciar as clases.