Volta ao centro en setembro
Enviado por admin o 31 Agosto, 2020 - 11:55
A partir de mañá, 1 de setembro, volve a actividade ao noso centro. Á espera das indicacións da consellería para o inicio das clases o 16 de setembro, lembrade:
1. Se tes síntomas compatibles coa COVID 19, non acudas ao centro e busca asistencia sanitaria.
2. Catro indicacións básicas para os primeiros días de exames e notas:
- O uso de mascarilla é obrigatorio en todo momento.
- Mantén a distancia de seguridade e non compartas material.
- Hixieniza as mans ao entrar e ao saír.
- Segue en todo momento as indicacións do profesorado.