Novas MeGaBiblio
Premiados nos concursos da MeGaBiblioteca
Enviado por BiblioMGB o 27 Febreiro, 2013 - 22:38As alumnas Carla Gañete e Paula Calvo acadaron os premios de escrita de San Valentín. Pablo Miranda resultou gañador do concurso na aula virtual sobre o 14 de febreiro e Vanessa Fernández foi a "lector@ do mes" de febreiro. Todos eles recibirán o seu agasallo o venres 1 de marzo no 2º recreo. Vos esperamos na biblioteca para compartilo con eles.
San Valentín no MGB
Enviado por BiblioMGB o 13 Febreiro, 2013 - 22:58A Megabiblioteca proponvos dous xogos, en realidade dous concursos (porque haberá premios). O primeiro é un xogo en Jclic: 14 de febreiro. Día dos namorados. Atoparédelo na nova aula virtual da biblioteca. O segundo: "De amores" é unha proposta de creación literaria a partires dun texto. Atoparedes o texto na aula virtual ou na cortiza dos corredores.
O prazo do primeiro remata o 19 de febreiro, o segundo o 15 de febreiro.
Sorte!
Proxectos de remodelación da Biblioteca
Enviado por admin o 22 Xaneiro, 2013 - 12:16Os alumnos de 2º BAC de Artes, na asignatura de DESEÑO, fixeron uns proxectos (5 en total) de REMODELACIÓN da biblioteca, que posiblementese se leven á realidade. Os proxectos pódense votar e comentar nesta páxina.
Novos ordenadores na MeGaBiblioteca
Enviado por admin o 12 Decembro, 2012 - 20:57Xa chegaron á MeGaBiblioteca os sete novos ordenadores, mercados co orzamento recibido por entrar no Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares e instalados grazas ao traballo xeneroso de varias persoas. (Como son noviños, por favor, non os asustedes entrando todos á vez ou amontoándovos ao seu carón...)
As normas para o seu uso son as mesmas que as que rexían cos recén xubilados: non se pode acceder dende eles ás redes sociais (Facebook, Tuenti...), nin xogar a xogos violentos ou que atenten contra a dignidade. Recordade tamén que, de estar todos ocupados, teñen preferencia os alumnos que os precisen para traballos académicos fronte aos que os usen para actividades lúdicas...
Os profesores que queirades traballar cos alumnos na biblioteca, recordade que debedes apuntarvos na libreta da sala de profesores: deste xeito a vosa actividade non interferirá coa doutros grupos-clase.
Polo demais, xa sabedes: sentidiño. Coidémolos, pois son de todos. O Plan de Mellora permitiranos facer algúns cambios máis: estade atentos!!!
25 de novembro, Día Internacional para a eliminación da Violencia de Xénero
Enviado por BiblioMGB o 26 Novembro, 2012 - 11:13
Educar e aprender supón ver e entender realidades que, ás veces, non son gratas: só facendo visibles e falando das situacións de violencia de xénero poderemos comezar a cambialas.
Atoparedes aquí unha serie de materiais que vos servirán para traballar o tema nas aulas: o luns 26, no segundo recreo, proxectaremos algúns deles na biblioteca.
Vídeo1 e vídeo2 elaborados polos alumnos do IES Lama das quendas en Chantada.
Na seguinte páxina do Concello de Vigo hai uns materiais marabillosos, na páxina 25 está a curta "Amores que matan".
Ademais na parte superior (premede na man) tedes acceso a un conxunto de cancións que tratan este tema.
Lector/a do mes na MeGaBiblioteca
Enviado por admin o 15 Novembro, 2012 - 08:27O xoves 15 de novembro comeza o concurso “O lector/a do mes”: cada mes premiarase a quen demostre ter máis libros lidos durante ese periodo. Para participar só tes que coller documentos en préstamo na MeGaBiblioteca co teu número de carné, e facer unha pequena entrada en “a nosa biblioteca na rede” (accédese desde a web do insti) coa túa opinión sobre o libro, cómic, revista… que leras. Se non sabes como introducir os datos no Meiga, pregúntalle a Patricia Pérez Gippini.
Haberá premios para quen demostre ser o máis lector/a do centro. Anímate.
* imaxe de dt_tr en Flickr
Titoán
Enviado por admin o 16 Outubro, 2012 - 11:01O vindeiro sábado 20 de Outubro, ás 20:00 Horas, no Centro Cultural Novagalicia Banco da Estrada, terá lugar a presentación do que foi Premio Castelao de Banda Deseñada 2011, "Titoán", o que supón unha nova entrega do gran proxecto que os autores de "O pobre tolo", Inacio e Iván Suárez, consagraron á vida de Castelao.
Estamos a finais de outubro de 1918, e Castelao volve a Pontevedra para reincorporarse ao seu traballo, logo de botar un mes en Rianxo auxiliando aos veciños afectados pola gripe española.
"Aquel verán paseino entre Compostela e A Estrada, onde ía ver a Virxinia. Lémbrome de ir con ela polo serán ás feiras e romarías: San Pedro de Toedo, San Lourenzo de Ouzande, San Xulián de Guimarei... Daquela paraba na pensión de Manuel Mato (...) E foi o 19 de outu bro cando meu amigo Antonio Rey Soto, o cura poeta, nos casou a Virxinia e a min na igrexa de san Paio da Estrada".
Se queredes ler máis, a MeGaBiblioteca conta con exemplares tanto de "O pobre tolo" como de Titoán. Aquí tedes ilustracións da igrexa de San Paio e do que puido ser a pensión de Manuel Mato.
Devolucións dos libros da Biblioteca
Enviado por BiblioMGB o 19 Xuño, 2012 - 12:16Recordamos a todo o alumnado do centro a súa obriga de devolver os libros da Biblioteca antes da entrega das notas do luns 25 de xuño. Posteriormente poderán coller libros emprestados para a lectura durante o verán. Moitas grazas e felices vacacións!
Estivemos nas V Xornadas de clubs de Lectura
Enviado por BiblioMGB o 10 Xuño, 2012 - 21:01O sábado 9 de xuño celebráronse en Santiago as V Xornadas de Clubs de Lectura organizadas pola Asesoría de Bibliotecas Escolares. Por vez primeira convocouse aos membros dos clubes (alumnos e pais) e non só os coordinadores. E alí fumos os veteranos de club...
Os membros do club NA Estrada-525 escolleron a unha compañeira, Fanny, para que participase na mesa redonda na que dous alumnos, dúas nais e dous profesores coordinadores comentaron a súa experiencia nun club diante de máis de 400 persoas. Todo o público disfrutou e aprendeu coas súas intervencións. En canto sexa posible, colgaremos o enlace para que poidades ver esta mesa redonda.
Troco de libros usados no Día do Libro
Enviado por BiblioMGB o 15 Abril, 2012 - 17:07Para celebrar o Día do Libro (o 23 de abril) a MeGaBiblioteca propón a actividade "Troco de libros usados", á que está invitada toda a comunidade escolar. Trae á biblioteca un libro entre o 16 e o 20 de abril, e daráseche un vale (un por cada libro) que poderás cambiar o día 23 de abril por un dos libros aportados polos outros participantes.
Titanic na MeGaBiblioteca
Enviado por BiblioMGB o 12 Abril, 2012 - 11:16O día 15 de abril cúmprense 100 anos do afundimento do Titanic ;para conmemoralo propoñemos un xogo de busca. Haberá catro tramos de preguntas, expoñeranse en diferentes días e deberás entregalos nos prazos sinalados. Premiarase a aquel que resolva todos os tramos de preguntas.
Participa!
8 de marzo, Día da Muller Traballadora
Enviado por BiblioMGB o 7 Marzo, 2012 - 23:27Para conmemorar o Día da Muller Traballadora, colocouse no vestíbulo do centro unha exposición de entrevistas a mulleres elaborada polos alumnos de 3º de ESO, baixo a dirección de Chelo Vázquez Rozas.
Tamén se organizou un concurso no mesmo vestíbulo: alí atoparedes dez textos, cada un dos cales fai referencia a unha muller cuxo nome deberedes adiviñar. Cubride o boletín de participación co voso nome, curso e respostas, e entregádeo na biblioteca antes de rematar o segundo recreo do venres 9 de marzo. Haberá premio.
"Punto de fuga", novo cómic asinado para a MeGaBiblioteca
Enviado por admin o 11 Xaneiro, 2012 - 18:45Miguel Cuba dedicounos un exemplar da súa última creación, "Punto de Fuga". A obra, escrita en galego, trata unha temática de actualidade: o incerto futuro dunha das xeracións mellor preparadas da historia da democracia no noso país. Moitos lectores recoñeceranse a sí mesmos ou a xente próxima na situación de Mateo.
Día da Violencia de Xénero, 25 de novembro
Enviado por BiblioMGB o 25 Novembro, 2011 - 00:16Para favorecer a reflexión nas aulas sobre a realidade da Violencia de xénero, a biblioteca do MGB seleccionou cancións sobre esta temática, elaborou carteis e un vídeo. Podedes acceder a toda a información dende esta web.
Fanny Pereira foi a autora do vídeo e os carteis, e os alumnos de TIC de 1º de Bacharelato foron os encargados da web.
Cancións e vídeos contra a violencia de xénero
Para conmemorar o Día da violencia de xénero a biblioteca do MGB seleccionou cancións, nas que se aborda o tema, e elaborou un vídeo para fomentar a reflexión nas aulas. Sentimos a crudeza das palabras, das imaxes e das cifras. Podedes ver todo isto nesta webCanc.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- seguinte ›
- última »