Economía
Programa DepoEmprende na ESO
Enviado por admin o 10 Maio, 2021 - 21:35O alumnado de 4º ESO B que constituimos as cooperativas escolares CODOURADA e DOCECUARTOS comezamos a 3ª Fase do proxecto: A VENDA DE PRODUTOS.
Adxuntamos o catálogo e animámosvos a visitar os mostradores de venda durante os recreos nas vindeiras semanas dos meses de maio e xuño. Tamén podedes mercar a través do catálogo indicando o nome do profesor, descrición ou código do produto, número de unidades e entregarásevos persoalmente.
Se obtemos beneficios, o 25% doarase as seguintes ONGs:
- Palleiráns (Asociación estradense en defensa dos animais)
- Asociación española contra o cancro (AECC)
Os pedidos online poderanse facer nos seguintes e-mails das cooperativas:
- codourada@gmail.com (Catálogo produtos CODOURADA)
- 12doce4cuartos@gmail.com (Catálogo produtos DOCECUARTOS)
Presentación de cooperativas Depoemprende
Enviado por Vicedirec. o 28 Xaneiro, 2021 - 14:06O mércores 27 de xaneiro os alumnos da materia de Economía de 4º ESO B participaron no acto virtual organizado pola Deputación de Pontevedra dentro do Programa Depoemprende para a presentación das cooperativas escolares constituidas, Codourada e Docecuartos. Na súa exposición os alumnos explicaron o traballo desenvolvido: constitución, elección do nome, deseño do logotipo, organigrama e estatutos da cooperativa.
Visita ao Parlamento de Galicia
Enviado por admin o 24 Febreiro, 2020 - 22:32O pasado 19 de febreiro os alumnos de 1o Bacharelato e 4o ESO da materia de Economía acudiron ao Parlamento de Galicia. A visita iniciouse cunha explicación dos órganos, funcións e composición do Parlamento, a continuación detivémonos no Salón dos Reis, a biblioteca, Salón dos pasos perdidos e os patios interiores. Finalmente os alumnos protagonizaron un breve debate parlamentario no Hemiciclo.
A actividade foi organizada polo Dpto. de Economía e acompañaron aos alumnos as profesoras Raquel Carballo e Norma Pillado.
Visita a CONGALSA
Enviado por admin o 18 Febreiro, 2020 - 23:50O pasado 17 de febreiro, o alumnado de 2o bacharelato de Economía da empresa e FUAX visitaron a empresa CONGALSA S.L., situada no Polígono Industrial da Pobra do Caramiñal. É unha empresa adicada a elaboración de produtos conxelados. Conta na actualidade con 300 traballadores e exporta a Europa, Asia e África. A visita estruturouse da seguinte forma:
- Visionado dun video de presentación para coñecer a historia da empresa
- Charla - coloquio
- Percorrido polas parcelas que constitúen a Liña Natural, a de Precociñados e a de Masa. Nelas poidemos coñecer a Zona de Produción e Envasado.
- A continuación visitamos a Sala de Catas e os comedores.
- Finalmente os alumnos poideron degustar a súa variedade de produtos.
A actividade foi organizada polo departamento de Economía e acompañaron aos alumnos as profesoras Fina Brea e Raquel Carballo.
Programa Cores
Enviado por admin o 27 Novembro, 2019 - 23:24O alumnado de 4ª ESO de Economía e IAEE participou o día 22 de novembro no programa CORES nas instalacións da Escola Galega de Consumo en Santiago. A sesión desenvolveuse en tres obradoiros: Etiquetado dos alimentos, Linguaxe publicitaria e Consumo responsable.
A actividade foi organizada polo Dpto. de Economía e os alumnos estiveron acompañados polas profesoras, María Vilasó e Raquel Carballo.
Programa Depoemprende na ESO
Enviado por admin o 20 Novembro, 2019 - 00:41O martes 19 de Novembro os alumnos de 4º ESO C, participantes no programa Depoemprende na ESO acudiron ao Pazo da Deputación de Pontevedra para o acto de presentación e recollida do NIF da súa cooperativa escolar “ECOAE”. Na súa exposición os alumnos explicaron o traballo desenvolvido dende o principio de curso: constitución, elección do nome, deseño do logotipo, organigrama e estatutos da cooperativa.
Estiveron acompañados pola profesora de IAEE, Raquel Carballo.
Nova en La Voz de Galicia.
Programa CORES
Enviado por admin o 12 Abril, 2019 - 10:49O alumnado de 4º ESO de Economía participou o día 10 de abril no programa CORES nas instalacións da Escola Galega de Consumo en Santiago. A sesión desenvolveuse en tres obradoiros: Etiquetado dos alimentos, Marcas e Consumo responsable. A actividade foi organizada polo Dpto. de Economía.
Finanzas para mortais
Enviado por admin o 15 Marzo, 2019 - 16:23O alumnado de Economía da Empresa de 2ª de bacharelato participou os días 7 e 13 de marzo en dúas charlas formativas dentro do Programa Finanzas para Mortais en colaboración co Banco Santander e coordinado polo Dpto. de Economía. A actividade completouse coa visita á oficina Smart Red de A Estrada.
Visita do alumnado de 2º de Bacharelato á empresa Iberluffa
Enviado por admin o 25 Xaneiro, 2019 - 13:36O xoves 24 de xaneiro, o alumnado de 2º de Bacharelato da materia de Economía e FUAX
A visita iniciouse
Visita ao Parlamento de Galicia
Enviado por Vicedirec. o 7 Novembro, 2018 - 21:34O día 6 de novembro os alumnos de 1º Bacharelato da materia de Economía acudiron ao Parlamento de Galicia. A visita iniciouse cunha explicación dos órganos, funcións e composición do Parlamento, a continuación detivémonos no Salón dos Reis, as bibliotecas, as dependencias dos grupos parlamentarios, patios interiores e o Hemiciclo, onde os alumnos puideron presenciar unha sesión plenaria.
A actividade foi organizada polo Dpto. de Economía e acompañaron aos alumnos as profesoras Raquel Carballo e Sonia Iglesias.
Saída cultural á POBRA
Enviado por Vicedirec. o 3 Febreiro, 2015 - 18:40Alumnos/as das materias de emprendedores (3º ESO) e economía (2º BAC) visitarán o vindeiro venres, 6 de febreiro, as instalacións da empresa CONGALSA, S.L, situada no parque empresarial da POBRA DO CARAMIÑAL. A actividade, organizada polo departamento de Economía, desenvolverase en horario de maña entre as 9:00 e as 14:25 horas. Os alumnos/as estarán acompañados polas profesoras do centro, Juana Lasheras e Teresa Filloy.
Visita do MGB á Feira do Moble da Estrada.
Enviado por Vicedirec. o 19 Septembro, 2014 - 09:08Alumnado do noso centro correspondente aos cursos de 4º ESO, 1º BAC e 2º BAC realizarán unha visita o vindeiro martes, 23 de setembro, en horario de mañá e tarde, á nova edición da Feira do Moble da Estrada. Durante a mesma os alumnos/as asistirán a dúas charlas sobre “cooperativismo” e “atención ó cliente” e percorrerán parte da exposición. A actividade forma parte da programación do Departamento de Economía.
ALUMNOS/AS DO IES GARCÍA BARROS NA FEIRA DO MOBLE.
Enviado por Vicedirec. o 13 Septembro, 2013 - 12:28O vindeiro venres, 20 de setembro, alumnado das materias, “obradoiro de iniciativas emprendedoras” (3º ESO) e economía (1º e 2º de Bacharelato) realizarán unha visita a “feira do moble” en A Estrada dentro das xornadas de “cooperativismo e empresa”. Os alumnos/as asistirán a unhas charlas informativas e farán un percorrido pola exposición “Descobre as cooperativas”. Estarán acompañados por profesorado do centro.
Certame Cooperativismo do ensino 2009
Enviado por Vicedirec. o 17 Febreiro, 2009 - 10:02Mañá mércores 18 de febreiro, na segunda hora, haberá na aula de Usos Múltiples do centro unha conferencia dentro do Certame de Cooperativismo do ensino 2009 para os/as alumnos/as de 1º de bacharelato da asignatura de Economía.
Conferencia CAIXANOVA
Enviado por Vicedirec. o 28 Outubro, 2008 - 09:16O mércores 29 de outubro os alumnos de Economía de 1º Bacharelato asistirán a unha conferencia sobre o xogo "Play novos emprendedores" impartida por Gonzalo de Caixanova. Comenzará ás 9:30 e rematará unha hora despois.