Educación plástica e visual
Maqueta do IES do alumnado de Volume de 1º de Bacharelato
Enviado por admin o 12 Abril, 2019 - 11:04A maqueta do noso centro que dende hai uns días podedes ver suspendida na entrada do edificio foi realizada en cartón pluma a escala 1/50 polo alumnado de Volume do Bacharelato de Artes.
A exposición do alumnado de Artes do MGB na prensa de hoxe
Enviado por admin o 2 Abril, 2019 - 20:31Podedes ler a información sobre a exposición do alumnado de Artes na prensa de hoxe.
O alumnado de 2º de Bacharelato Artístico inaugura exposición
Enviado por admin o 25 Marzo, 2019 - 09:24Este acto será posible grazas á participación do concello, que condeceu a oportunidade ó alumnado levar a cabo a idea e prestou unha das súas salas de exposición.
Uxía Silva.
Fridays for future
Enviado por admin o 16 Marzo, 2019 - 22:02Un grupo de alumnos do Bacharelato de Artes fixeron onte unha pintada na entrada do centro como mostra de apoio ao movemento polo cambio climático. Podes ler a noticia que recolle a prensa.
O noso "Buda Rocher"
Enviado por Vicedirec. o 6 Xuño, 2018 - 13:58Temos novo compañeiro no centro, o "Buda Rocher", creado polas alumnas de 1º Bacharelato Uxía Silva, Tatiana Fonseca, Paula Pereiras, Alba Bugallo e Jacqui Reimúndez. É unha escultura feita de cemento, malla de galiñeiro e material escolar reciclado (caixas, libros de texto, sacos da cafetería, etc.).
A nosa maqueta
Enviado por Vicedirec. o 12 Decembro, 2017 - 11:23O pasado luns 4 de decembro inauguramos a maqueta do noso concello realizada polo alumnado de Volume de 1º de Bacharelato co profesor Mariano Casas.
Máis información sobre as súas características e proceso de elaboración nesta ligazón.
Parabéns aos autores!
Inauguración no MGB
Enviado por Vicedirec. o 9 Xuño, 2017 - 20:40O pasado xoves inagurouse o moai que o alumnado de 1º de Bacharelato de Artes, baixo a dirección do profesor Mariano Casas, instalou no xardín traseiro do noso centro. Esta obra foi elaborada con materiais de refugallo e con cemento.
Moitas grazas a tod@s e parabéns por este traballo!
Máis información nesta ligazón.
Viaxe a Ourense
Enviado por Vicedirec. o 8 Febreiro, 2017 - 17:07O pasado martes 7 de febreiro cincuenta e un alumn@s de 4º de ESO e do Bacharelato de Artes viaxaron a Ourense a visitar a Escola de Arte Antonio Faílde e a exposición Pop Art Icons no Centro Cultural Marcos Valcárcel. Estiveron acompañad@s pol@s profesor@s María Armada, Xoán Xosé Pérez e Mariano Casas.
Proxecto IRIS
Enviado por Vicedirec. o 30 Novembro, 2016 - 12:30O Proxecto Iris, integrado en Erasmus+, consiste na promoción da prevención contra o racismo, a violencia e a intolerancia no deporte (escolar e infantil en xeral). O noso profesor Mariano Casas participou a través da USC elaborando un cómic que se pode descargar nesta ligazón.
"A Pensadora"
Enviado por Vicedirec. o 23 Maio, 2016 - 10:34O alumnado da materia de "Volume" de 1º de Bacharelato de Artes vén de instalar no 2º andar do centro unha escultura inspirada no Pensador de Auguste Rodin. Trátase dunha figura feminina, feita na súa maior parte con materiais de reciclaxe e cuberta con varias capas encoladas de papeis de libros de texto. Foi construída por pezas no taller de Volume e logo foi ensamblada in situ. A escala lineal aproximada é de 2:1.
Visita a Sargadelos e á Escola de Arte Mestre Mateo
Enviado por Vicedirec. o 11 Abril, 2016 - 10:19Mañá martes 12 de abril alumnado de Educación Plástica de 4º de ESO e de 1º e 2º do Bacharelato de Artes visitarán a fábrica de Sargadelos en Sada e a Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo en Santiago de Compostela. Estarán acompañados pol@s profesor@s Pilar Tabarés e Xoán Xosé Pérez.
Mural no CEIP Pérez Viondi
Enviado por Vicedirec. o 14 Marzo, 2016 - 13:35O pasado mércores 16 de marzo o alumnado de 2º de Bacharelato de Artes acudiu ao CEIP Pérez Viondi a complementar, coa técnica do estarcido, un mural que xa fora antes pintado polo colectivo cultural A Estación.
O deseño é de Natalia Liste, pero foi levado a cabo coa axuda de todo o alumnado do Bacharelato de Artes.
O traballo foi organizado polos Equipos de Normalización Lingüística dos dous centros educativos.
Máis información no blog e no Faro de Vigo.
O proxecto "A tres bandas" de Mariano no programa Metrópoles Delirantes
Enviado por XefeEstudos o 1 Marzo, 2016 - 22:36No enlace podedes escoitar a entrevista que no programa de radio sobre cómics Metrópoles Delirantes lle fixeron a Mariano, e onde fala do seu proxecto "A tres bandas".
Revista PREBE#4, xa dispoñible online
Enviado por XefeEstudos o 11 Xaneiro, 2016 - 10:15O número 4 da publicación gráfica PREBE xa está na rede, colgado no servidor de publicacións ISSUU. Como nos anteriores números, a revista mostra traballos de alumnos de Bac. de Artes (aínda que tamén hai cousas de outros cursos), coa idea de poñer en valor o talento e a creatividade dos nosos alumnos e exalumnos, e poñer tamén en contacto este talento e forza creativa con empresas e institucións da zona que poidan precisalo.
Aquí a tedes, en versión dixital, en cores, e pronto haberá tamén polo centro exemplares impresos, con interior en grises...
Que a disfrutedes!!!