Orientación
Orientación vocacional no MGB
Enviado por Vicedirec. o 13 Febreiro, 2015 - 10:37Organizada polo Departamento de Orientación terá lugar o vindeiro xoves, 19 de febreiro, na sala de usos múltiples do centro, en horario de 10:45 a 12:25 (3ª e 4ª sesión), unha actividade de “Orientación profesional e laboral” dirixida ao alumnado de 2º de Bacharelato. Contaremos como poñentes coa profesora de Hostalería, Raquel Fondevila, co profesor da Facultade de Relacións Laborais da USC, Carlos J. Álvarez e co brigada da Armada Española, Luís Cagiao.
Obradoiros de competencias sociais e individuais no MGB
Enviado por Vicedirec. o 10 Novembro, 2014 - 11:50O vindeiro luns, 17 de novembro, terán lugar no noso centro uns obradoiros sobre “linguaxes expresivas e estratexias metodolóxicas para o desenvolvemento de competencias sociais e individuais”. A actividade, organizada polo departamento de Orientación, vai destinada ao alumnado de 1º ESO e impartirase na aula de usos múltiples en horario de 10:45 a 13:35 horas (3ª, 4ª e 5ª sesións).
Documento charla 1º Bacharelato
Enviado por admin o 28 Maio, 2014 - 10:08Logo da charla do 27 de maio, organizada polo Departamento de Orientación e impartida polo profesor Augusto Otero e a orientadora Pilar Meijome, e dirixida ao alumnado de 1º de Bacharelato sobre o curso de 2º e a súa relación coa Selectividade 2015 e os Ciclos Formativos de Grao Superior, adxuntamos ficheiro do contido da mesma, que pode ser consultado neste documento.
Charla para 1ºBAC o vindeiro martes 27
Enviado por admin o 22 Maio, 2014 - 09:19O vindeiro martes, día 27 de maio, os alumn@s de 1º Bacharelato asistirán a unha charla sobre o próximo curso ao que accederán (2º Bach.) e a súa relación coa Selectividade 2015 e os Ciclos Formativos, organizada polo Departamento de Orientación e impartida polo profesor Augusto Otero e a orientadora Pilar Meijome. Sala de usos múltiples. Duración: 1ª e 2ª horas.
Contido da charla da selectividade 2014
Enviado por admin o 26 Abril, 2014 - 08:58Charla Selectividade 2014 para 2º BAC
Enviado por admin o 8 Abril, 2014 - 08:48O VENRES 25 de ABRIL todos/as os/as alumnos/as de 2º Bacharelato deberán asistir a unha charla organizada polo Departamento de Orientación e impartida polo profesor Augusto Otero, ás10:45 horas en Usos Múltiples (3ª e 4º horas), sobre “SELECTIVIDADE 2014: NORMATIVA E ASPECTOS PRÁCTICOS”.
Para máis información sobre os contidos a tratar, premer en ler mais.
VISITA DO IES Nº 1 AO MGB.
Enviado por Vicedirec. o 13 Marzo, 2014 - 13:10Mañá venres, 14 de marzo, alumnos/as de 4º da ESO do instituto estradense IES Nº1 acompañados dos seus profesores/as visitarán o noso centro, para coñecer as instalacións e as distintas modalidades de bacharelato que se imparten. Os alumnos/as serán recibidos pola Xefa de Estudos que lle facilitará a información que precisen. Logo realizarán un percorrido polo instituto. A actividade está organizada polo Departamento de Orientación.
OBRADOIRO NO IES MANUEL GARCÍA BARROS
Enviado por Vicedirec. o 23 Xaneiro, 2014 - 13:26O vindeiro mércores, 29 de xaneiro, na aula de usos múltiples do centro terá lugar o obradoiro ”linguaxes expresivas e estratexias metodolóxicas para o desenvolvemento das competencias sociais e individuais”. Está dirixido o alumnado de 1º da ESO, sendo impartido polo formador Manuel Ángel Fernández Gallego. A actividade está organizada polo departamento de orientación do centro.
Documento sobre a charla de orientación a 1º Bacharelato
Enviado por admin o 3 Xuño, 2013 - 08:54Logo da charla do 30 de maio, organizada polo Departamento de Orientación e impartida polo profesor Augusto Otero e a orientadora Pilar Meijome, e dirixida ao alumnado de 1º de Bacharelato sobre o curso de 2º e a sùa relación coa Selectividade e os Ciclos Formativos, adxuntamos ficheiro do contido da mesma, que pode ser consultado neste documento.
Charla 1BAC: Selectividade 2014 e Ciclos Formativos.
Enviado por admin o 26 Maio, 2013 - 17:59O vindeiro xoves, día 30 de maio, os alumn@s de 1º Bacharelato asistirán a unha charla sobre o próximo curso ao que accederán (2º Bach.) e a súa relación coa Selectividade 2014 e os Ciclos Formativos, organizada polo Departamento de Orientación e impartida polo profesor Augusto Otero e a orientadora Pilar Meijome. Na última parte da charla intervendrá a directora do Centro Superior de Hostelería de Galicia. Sala de usos múltiples. Duración: 3ª e 4ª horas.
Contido da Charla sobre a Selectividade 2013
Enviado por admin o 12 Abril, 2013 - 17:18Logo da charla organizada polo Departamento de Orientación e impartida por Augusto Otero (12 de abril) para o alumnado de 2º de Bacharelato, sobre a normativa vixente e aspectos prácticos da Selectividade, adxuntamos fichero do contido da mesma, que pode ser consultado neste documento
Charla sobre a Selectividade para 2º de Bacharelato
Enviado por admin o 5 Abril, 2013 - 07:55O VENRES 12 de ABRIL todos/as os/as alumnos/as de 2º Bacharelato deberán asistir a unha charla organizada polo Departamento de Orientación e impartida por Augusto Otero, ás 10:45 horas en Usos Múltiples (duración: 3ª y 4º horas), sobre “SELECTIVIDADE 2013: NORMATIVA E ASPECTOS PRÁCTICOS”.
Para máis información sobre os contidos a tratar, premer en ler mais.
Programa Orienta12-13
Enviado por Anónimo o 10 Marzo, 2013 - 22:32O Departamento de Orientación do centro adquiriu unha licenza do programa informático "Orienta 12-13". Mediante este programa podedes acceder a información actualizada sobre as distintas carreiras e estudos que podedes realizar unha vez rematada a vosa etapa escolar no noso centro, xa sexa a ESO ou Bacharelato. Dito programa está instalado en todos os ordenadores das aulas de informática e da biblioteca (para executalo facede clic no menú Aplicativos → Educación → Orienta12-13).
Se queredes ter unha copia deste programa no voso ordenador de casa, seguide as instrucións dadas no correo que se enviou á vosa conta de correo electrónico do insitituto.
Documento sobre a charla de orientación a 1º de Bacharelato
Enviado por admin o 4 Xuño, 2012 - 16:53Logo da charla do 4 de xuño, organizada polo Departamento de Orientación e impartida polo profesor Augusto Otero, e dirixida ao alumnado de 1º de Bacharelato sobre o curso de 2º e a sùa relación coa Selectividade, adxuntamos ficheiro do contido da mesma, que pode ser consultado neste documento.
Charla para 1º de Bacharelato. Selectividade 2013.
Enviado por admin o 30 Maio, 2012 - 18:42O vindeiro luns, día 4 de xuño, os alumn@s de 1º Bacharelato asistirán a unha charla sobre o próximo curso ao que accederán (2º Bach.) e a súa relación coa selectividade 2013, organizada polo Departamento de Orientación e impartida polo profesor D. Augusto Otero. Sala de usos múltiples. Duración: 3ª e 4ª horas.