Tropa de trapo: "A hora azul"

   O próximo mércores, día 28, contribuíndo a conmemorar unha miguiña o día da PAZ, 30 de xaneiro, desenvolverase no noso centro un espectáculo “A hora azul” de A TROPA DE TRAPO, música e contacontos para o alumnado de 4º ESO e 1º BAC., incluído un obradoiro co alumnado de 1º de bacharelato.
   A hora azul é un espectáculo de música e contacontos, onde dúas voces suxerentes, de muller e de home, narran historias traídas do lonxano oriente, da Galicia, de Andalucía, de calquera parte do mundo e de todas á vez. Son historias humanas e sinceras, cheas de vida, acompañadas polo son do laúde árabe, da darbouka, da guitarra flamenca, do caixón, da guitarra portuguesa...
   Esta actividade está financiada conxuntamente pola Biblioteca, o  departamento de Lingua Española, o departamento de Educación Física e Normalización Lingüística.