Xornadas sobre "Prácticas Restaurativas"
Enviado por admin o 18 Novembro, 2024 - 10:08
O sábado 26 de outubro, de 10:00 a 14:00, e o sábado 16 de novembro, de 9:30 a 19:30, celebráronse na biblioteca do IES MGB dúas xornadas de formación para o profesorado sobre Prácticas Restaurativas, impartidas por Rafael Pérez de Lis, psicólogo con ampla experiencia neste ámbito e no traballo con adolescentes. Dende o centro, expresamos o noso profundo agradecemento polo seu esforzo e dedicación. A formación resultou ser unha experiencia moi enriquecedora e produtiva." |