Xogos Populares no Magosto
O venres 8 de novembro, dentro da celebración do Samagosto, o departamento de EF organizou xunto co alumnado de 4ºESO uns xogos populares para os estudantes de 1º e 2º de ESO no pavillón Coto Ferreiro. A rapazada participou en equipos en xogos tan coñecidos como o pano, o brilé, a chave, a remuda de carozos/conos, a remuda de tres en liña e o xoga-tira coa corda. Para 3º de ESO, outro grupo de rapazas e rapaces de 4º de ESO, organizou un xogo de pistas polo patio, onde, tamén en equipos, tiñan que atopar unhas pistas que lles levaban a outras, ata acadar o tesouro que se atopaba na cafetería. Foi unha xornada festiva onde toda a ESO estivo xogando xunto co profesorado "ao de sempre". Máis imaxes neste álbum da nosa Galería en Flickr |