Proposta de actividades acuáticas do alumnado de bacharelato na piscina da AGASP
Enviado por admin o 24 Outubro, 2024 - 17:03
O alumnado de 1º de bacharelato está aproveitando as instalacións da piscina da AGASP para as clases de educación física. Esta iniciativa enmarcada na unidade "As nosas propostas" dos grupos de bacharelato A, B e C consiste na realización dunha sesión de actividades acuáticas organizada polo propio alumnado. A maiores do disfrute da actividade durante a clase de educación física, tamén lles permite coñecer unha das instalacións situadas no Concello na que practicar actividades físicas e deportivas saudables no seu tempo de ocio. |