Únete ao DESCANSO DIXITAL
Enviado por XefeEstudos o 19 Xuño, 2024 - 21:10
Agora que chega o curso ao seu remate e despois de tanto correo electrónico, de tanta tarefa dixital, de tanto uso de móbil para consultar e pasar información sobre as materias, de tanta consulta no grupo de WhatsApp para saber as tarefas que hai que entregar... e todo isto moitas veces a unhas horas pouco recomendables, o alumnado de 1º ESO e a súa profesora de EPVA Mari Ruzo achégannos un consello para o verán e para o vindeiro curso: "Planifícate e programa o envío das túas tarefas,
respecta o descanso dixital do alumnado, do profesorado... das persoas."
E lembra, non esquezas desconectar dixitalmente! Sae e descubre o mundo que te está a agardar!
|