Alumn@s do MGB na Masterclass Europea de Física de Partículas
Enviado por XefeEstudos o 24 Febreiro, 2023 - 22:51
Os alumnos de 2º Bacharelato-A do noso centro: Carlota Brea Martínez, Miguel Ángel Gómez Rey e Manuel Míguez Sangiao participarán o venres 3 de marzo na MASTERCLASS EUROPEA de FÍSICA (“Física de Partículas coas mans”), organizada polo Instituto Galego de Física de Altas Enerxías.
É unha xornada na que profesores do Dpto. de Física de Partículas da Facultade de Física da USC, en colaboración co CERN, tentarán achegar o mundo das partículas elementais a estudantes de último curso de Bacharelato.
Os detalles da xornada poden consultarse facendo clic na imaxe.