Navegamos polo universo da man de Íñigo Quadra-Salcedo
Enviado por XefeEstudos o 16 Novembro, 2022 - 11:58
Grazas a un planetario portátil, que enchía o ximnasio, o noso alumnado de 1º, 2º e 3º de ESO disfrutou dun paseo polo universo aprendendo como se moven as estrelas de forma aparente, e os planetas, observando as fases da Lúa e coñecendo a nunca vista cara oculta do noso satélite.
Grazas, Íñigo, polas túas explicacións nesta Semana da Ciencia.