IX Concurso de microrrelatos e micropoemas
Dinamizaestrada, os equipos de dinamización lingüística dos centros educativos da Estrada, convocan a IX edición do concurso de microrrelatos e micropoemas. Poden participar todos os alumnos pertencentes aos centros educativos do Concello da Estrada. Os traballos entregaranse en formato A4 nun sobre con nome, apelidos e curso. O prazo límite será o 4 de marzo de 2022.
Poderase participar nunha modalidade ou nas dúas (microrrelatos / micropoemas), pero cada participante só poderá presentar un texto en cada unha delas.
En microrrelatos o texto deberá estar en galego e non ter máis de 100 palabras. A temática é libre pero deberá conter a palabra LOITA.
En micropoemas o texto deberá estar en galego e ter un mínimo de 2 versos e un máximo de 8 en Primaria, e un mínimo de 4 versos e máximo de 8 en Secundaria, Ciclos formativos e Bacharelato. A temática será libre pero deberá aparecer necesariamente a palabra INFINDA.
O xurado concederá un premio por modalidade, categoría e centro. Tes toda a información aquí.