Distribución de máscaras entre o alumnado da ESO
Enviado por admin o 16 Novembro, 2020 - 00:43
A Consellería publicou a Orde pola que se regula o procedemento para a distribución de máscaras entre o alumnado da ESO no curso 2020-2021 (código de procedemento ED330E).
O prazo de solicitude será do 16 ao 27 de novembro de 2020 (ambos inclusive).
- Non ten que presentar solicitude e terá dereito ao reparto de máscaras todo o alumnado beneficiario do Vale de Axuda de Material Escolar no presente curso.
- Poderá presentar a solicitude:
- Alumnado de familias con renda per cápita igual ou inferior a 6000 €. e que non obtivo vale de material. (A renda que se ten en conta é a do ano 2018).
- Alumnado matriculado en Educación Especial.
- Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.
- Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.
A solicitude deberá presentarse na secretaría do centro mediante os Anexos I e II da convocatoria xunto coa copia do libro de familia onde figure o alumno e o resto de membros da familia. No caso de separación ou divorcio deberá achegar copia da sentencia.