21 de marzo: día Mundial do Síndrome de Down
Enviado por admin o 21 Marzo, 2019 - 09:14
Con motivo do Día Mundial das Persoas con Síndrome de Down, a Federación Down Galicia lanzou a campaña de visibilización e sensibilización Tan diferentes como iguais.
Con esta proposta, o movemento Down, en Galicia, pretende poñer en valor o concepto da diferenza e tamén dar visibilidade á idea de que ningunha persoa é igual a outra e que, precisamente, esa diferenza é a que nos enriquece como sociedade.