I Concurso ce Cartel Creativo "Moito AMOR pode chegar a ser..."
O pasado luns 13 de xuño, nas instalacións de Vithas Salud Fisium da Estrada, foron entregados os premios do I Concurso de Cartel Creativo "Moito AMOR pode chegar a ser...". Este concurso foi organizado polo Centro de Información á Muller (CIM) do concello, no marco do Obradoiro "Previndo a Violencia de Xénero e Compartindo a Vida en Igualdade" no que participou o alumnado de 2º de ESO.
Varias alumnas do noso centro resultaron gañadoras nas dúas categorías:
- Categoría individual:
1º Premio: Ana Gestoso Froján (2º ESO C).
2º Premio: Ángela Cabalar Prieto (2º ESO C).
- Categoría grupal:
2º Premio: Nerea Iglesias Cascallar, Marta López Gago e Cristina Ochoa Sánchez (2º ESO C).
Parabéns ás premiadas!