Película "A praia dos afogados"
Enviado por Vicedirec. o 27 Outubro, 2015 - 22:54
O vindeiro xoves 29 de outubro o alumnado de 4º de ESO e 2º de Bacharelato asistirá á proxección da película "A praia dos afogados" na AGASP (Academia Galega de Seguridade Pública). Sairán do centro ás 12:00 e voltarán ás 14:25 horas. Trátase dunha actividade organizada polo Departamento de Lingua Galega e Literatura.