Premios ADEGA de relato e curtametraxe
Enviado por admin o 8 Xaneiro, 2013 - 17:39
A profesora do MGB Marisa Otero resultou gañadora do segundo premio na categoría de relato curto no II Certame de Relatos "O lugar onde vivo", e do primeiro premio en curtametraxes do I Certame de Curtametraxes "E ti que é o que ves", organizados pola asociación ADEGA en colaboración coa vicepresidencia da Deputación de Lugo.
O acto de entrega de premios foi onte, día 7, no salón de actos da Deputación lucense, que recolle a noticia na súa web. O "Correo Galego" tamén menciona nas súas páxinas a entrega destes galardóns.
A curtametraxe gañadora leva por título "Cóntame cómo era" (2'31'')