Charla sobre a Selectividade para os alumnos de 2º de Bacharelato
Enviado por admin o 29 Marzo, 2012 - 10:01
O XOVES 12 de ABRIL todos/as os/as alumnos/as de 2º Bacharelato deberán asistir a unha charla organizada polo Departamento de Orientación e impartida por Augusto Otero, ás 10:45 horas en Usos Múltiples (duración: 3ª e 4ª horas), sobre a realidade e normativa vixente da Selectividade que van realizar.
Para máis información sobre os contidos a tratar, premer en ler mais.
CONTIDOS da CHARLA:
NORMATIVA e ORGANIZACIÓN das PAU
- Estructura da proba: Fase Xeral e Específica.
- Cálculo da nota de acceso: exemplos prácticos.
- Importancia dos PARÁMETROS de PONDERACIÓN das MATERIAS de MODALIDADE para o acceso as Titulacións Universitarias con límite de prazas: ¿De qué materias de modalidade me examino?
- Notas de Corte.
- Titulacións Universitarias de Grao no Sistema Universitario Galego.
- Procedementos de revisión: Reclamación e Segunda Corrección.
- Trámites administrativos da formalización da matrícula.
ASPECTOS PRÁCTICOS
- Calendario.
- Códigos das materias.
- O primeiro día:
- Entrada na Aula.
- Intervención do Presidente do Tribunal.
- Caderno para realizar os exames.
- A cabeceira.
- A pegatina: Identificación do exame.
- O material que hai que levar.
- A Facultade para realizar as PAU.