Premios para o MGB no concurso "Agua y vida"
Enviado por admin o 16 Outubro, 2011 - 16:02
A alumna de 4º ESO A, Ariadna Silva, e a profesora Marisa Otero, resultaron premiadas no "Concurso Agua y vida", organizado polo Corte Inglés, Augas de Galicia e a Universidade de Santiago. Ariadna foi a Gañadora do concurso de fotografía na súa categoría e Marisa obtivo un accesit en narración breve na categoría de adultos. O concurso foi promovido durante a Titoría de 3º ESO A o curso pasado. Felicitamos tamén ao Colexio do Foxo, que gañou un premio colectivo por presentar o maior número de fotografías.