Skip to Content

Actividades

ENCONTROS VIRTUAIS USC

Este curso os Encontros Virtuais na Zona USC terán lugar os días 21, 22, 25 e 26 de marzo. Os mesmos teñen como obxectivo dar a coñecer as titulacións e servizos que oferta a USC, están dirixidos moi especialmente ao estudantado de 4º de ESO, Bacharelato e Ciclos Formativos de Grao Superior.

Esperamos que estas datas permitan que o estudantado poida conectarse con máis facilidade (2 días na semana de vacacións para facilitar que se podan conectar dende as súas casas coas familias).

A páxina de acceso ós encontros é https://www.usc.gal/gl/encontros-virtuais (actualizaranse os contidos da mesma a principios da próxima semana).

VIDEOFORUM

Convídase ás familias á participación nun VIDEOFORUM sobre o filme galego MATRIA que terá lugar no Auditorio do Concello o vindeiro día 24. Unha reflexión sobre o rol da muller na sociedade galega que recibiu numerosos premios.

 

CAMPUS DE VERÁN XUVENCIENCIA USC

Volve e o  XI Campus de Verán XuvenCiencia, o campamento científico da USC, para estudantes de 4º da ESO, de BAC e de ciclos medios de FP .

O Campus XuvenCiencia terá lugar do 2 ao 8 de xullo.
O custo da matrícula é 250 €.

O prazo de preinscrición ábrese dende o vindeiro venres 5 de maio ata o 14 de maio.

Como nas edicións anteriores, o obxectivo do Campus de Verán é poñer ao alumnado en contacto directo coas diversas ramas das ciencias experimentais e sociais e da tecnoloxía así como coa contorna universitaria. Ofertanse durante cinco días unha multitude de actividades prácticas, tanto na rama Científico-Técnica como na Científico-Social, coa participación de todas as facultades e escolas universitarias da USC no Campus Terra de Lugo e a colaboración de moitas empresas e laboratorios externos.

A matrícula inclúe a participación nas actividades do campus e nas actividades lúdicas da tarde, o material necesario, o seguro, o xantar nun comedor universitario os cinco días do campus e o diploma de participación da USC. Ademais inclúe actividades lúdicas de noite e aloxamento, cea e almorzo en Residencias Universitarias de Lugo, con acompañamento de monitores titulados da A.D.C Lumieira Lugo.

Na páxina web https://xuvenciencia.org/campus  pódese ver toda a información acerca das actividades do Campus (idiomas galego e castelán).

Xornada de portas abertas para o alumnado de primaria.

O vindeiro martes 24 de xaneiro o noso IES celebrará unha xornada de portas abertas para o alumnado de 6º de primaria de centros adscritos. Familias interesadas de outros centros tamén serán benvidas. Dende as 18:00h a Directora e a a Orientadora do Macías, explicarán o funcionamento do noso centro e acompañarán ao alumnado e ás familias nun percorrido polas instalacións.

                                               

Dende o Macías queremos dar unha sentida benvida ao noso futuro alumnado!!!!

PRÓXIMO OBRADOIRO SOBRE VIOLENCIAS

MARTES 13 DE XUÑO ÁS 20:30H NA AULA DO CENTRO SOCIAL DE PADRÓN

Actividade De bo rollo!

O martes 7 de xuño o alumnado de 4º ESO recibiu unha charla sobre sexualidade, diversidade e xestión saudable das relacións, impartida por dúas educadoras sociais do centro de sexoloxía Con mucho gusto!: Lucía Álvarez e Sabela Maceira.

Puede ser una imagen de 2 personas y personas de pie

Os eixes transversais nos que se centrou a xornada foron:

- O autocoñecemento do corpo

- A xestión das emocións

- O bo trato e a autoestima

Traballouse a comunicación asertiva, a posta de límites e a negociación para garantir as relacións desexadas libres de coacción e violencias.

 Moi contentos/as e satisfeitos/as con esta actividade, organizada por Vicedirección e o departamento de Orientación.

Charla Forzas Armadas

Rematamos as actividades antes de Pascua cunha charla das Forzas Armadas, celebrada o venres 8 de abril e dirixida a alumnado de 4º ESO curso de FP Básica, tanto de Administración e Xestión como de Electricidade e Electrónica.

Esta xornada, organizada polo departamento de Orientación, pretendía achegar a estas rapazas e rapaces o oficio militar como unha posible saída profesional a ter en conta.

Obradoiros de Educación afectivo-sexual

O pasado mércores 6 e xoves 7 de abril impartíronse no noso IES os obradoiros de Educación afectivo-sexual de QUÉROTE+, Centro de Información e Asesoramento para a Mocidade, promovidos polo departamento da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia, e dirixidos ao alumnado de FP Básica e de 3º ESO.

Os OBXECTIVOS acadados co desenvolvemento deste programa foron os seguintes:

  • Desmantelar mitos, estereotipos e falsas crenzas presentes na sexualidade
  • Estimular a valoración crítica dos mozos e mozas no acceso e análise da información sobre sexualidade
  • Impulsar a perspectiva da diversidade
  • Favorecer a autonomía reflexiva e construtiva de rapaces e rapazas na construción da súa identidade

Esta actividade foi organizada polo departamento de Orientación.

Encontros virtuais da USC

Anunciamos os Encontros Virtuais da USC, que terán lugar do 7 ao 13 de abril, dirixidos moi especialmente ao estudantado de 4º de ESO, Bacharelato e Ciclos Formativos de Grao Superior, co obxectivo de que poida conectarse por videoconferencia cos responsables e estudantes das titulacións para resolver as súas dúbidas sobre a oferta de titulacións da Universidade de Santiago de Compostela.

Máis información premendo aquí.

Charla GenTech

O pasado venres 25 de marzo, a empresa Altia impartiu unha interesantísima charla organizada polo departamento de Orientación e dirixida ao noso alumnado de 4º ESO e 1º Bacharelato, na que se trataron, a través da experiencia persoal das persoas ponentes, os seguintes aspectos:

  • A capacitación dixital como ferramenta de traballo.
  • As saídas profesionais das carreiras STEM.
  • O traballo en equipo.

Sen dúbida, temas importantes nun futuro cada vez máis próximo para esta rapazada.

Distribuir contido


by Dr. Radut