O pasado mércores 6 e xoves 7 de abril impartíronse no noso IES os obradoiros de Educación afectivo-sexual de QUÉROTE+, Centro de Información e Asesoramento para a Mocidade, promovidos polo departamento da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia, e dirixidos ao alumnado de FP Básica e de 3º ESO.
Os OBXECTIVOS acadados co desenvolvemento deste programa foron os seguintes:
- Desmantelar mitos, estereotipos e falsas crenzas presentes na sexualidade
- Estimular a valoración crítica dos mozos e mozas no acceso e análise da información sobre sexualidade
- Impulsar a perspectiva da diversidade
- Favorecer a autonomía reflexiva e construtiva de rapaces e rapazas na construción da súa identidade
Esta actividade foi organizada polo departamento de Orientación.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Captura de pantalla 2022-04-11 a las 21.17.24.png | 115.48 KB |