Nos últimos tempos, a lacra do acoso escolar chega aos nosos pequechos e adolescentes e, en moitas ocasións, non son conscientes do que están a facer nin saben como reaccionar. A cantidade de charlas anuais sobre este tema é inxente nos centros escolares, pero aínda así non é suficiente.
A ANPA do centro decidiu investir neste tema e pagou a elaboración e a colocación de enunciados en contra do acoso escolar nos baños da planta baixa e no corredor do primeiro andar.