O pasado 10 de febreiro, dentro da programación de Escola de Nais e Pais (ENAPA), tivo lugar a conferencia "A problemática das apostas dixitais" organizada pola ANPA San Roque do IES Leliadoura.
A charla foi impartida pola psicóloga e terapeuta familiar, con ampla experiencia no ámbito da adolescencia e das adiccións, Belén Montesa Lou. A ponente fixo referencia a un estudo feito polo profesor da USC, Antonio Rial Boubeta, do que se deducen datos alarmantes, incidindo en que as apostas estanse convertendo nun problema de saúde pública e, se non poñemos remedio, rematarán sendo a nova epidemia das adiccións da próxima década. Hai que resaltar que do estudo feito pola USC as apostas presenciais ascende ao 24%, como pode verse nesta gráfica: