O pasado mes de maio, durante catro días (7, 8, 9 e l0), estiveron no IES un grupo de artistas con diversidade da asociación Ambar, acompañados por Manu, profesional da área artística da asociación, co obxectivo de facer un mural permanente nun espazo do IES, en colaboración co noso alumnado (3ºe 4º ESO) de Educación Plástica e Visual, coordinados polo profesorado do Centro, Pura Villar e Rodrigo García, elixindo como temática o feminismo.