O pasado luns 11 o alumnado de 3º de ESO de Sección Bilingüe participou nunha videoconferencia con alumnado de español da Newburgh Free academy (New York-Estados Unidos). Poideron así coñecer persoalmente aos compañeiros/as cos que veñen intercambiando correos electrónicos desde o pasado mes de novembro. Esta actividade é unha máis das que levamos a cabo nas Seccións Bilingües que temos no centro.
Os nos@s alumn@s intercambian experiencias e practican o inglés cos seus correspondentes estadounidenses, que estudan español alá.