O primeiro día logo das vacacións xa estivo cheo de actividades, entre elas, un Obradoiro de Igualdade coa escritora Antía Yáñez. O alumnado de 4º da ESO participou nesta charla na que a autora, a través de diversos exemplos, sinalou a existencia de múltiples situacións non igualitarias na actualidade. Tamén referiu como a sociedade foi evolucionando cara a un contexto máis igualitario, así como explicou a influencia que o sexismo pode ter na creación de actitudes machistas.