Skip to Content

VISITA DE RIVEIRO COELLO

Hoxe recibimos a visita de Riveiro Coello e xunto con el percorremos momentos moi interesantes da súa vida que explican como acabou nisto da literatura. Amante da música, estudante de Dereito e opositor á Administración, deunos a entender que chegou á escrita por causa do amor, xa que foi a relación coa que hoxe é a súa muller a que o levou a collerlle o gusto a iso de escribir, primeiro centrado no mundo epistolar e logo no máis propiamente literario. 

Tras esta introdución, meteuse xa de cheo coa obra da que nos viña falar, As rulas de Bakunin, que todo 1º de Bacharelato leu neste primeiro trimestre. Aclarounos múltiples dúbidas sobre o modo de redacción da obra e parouse naqueles personaxes máis curiosos, como é o caso do "lambeconas". Resultou moi interesante coñecer de primeira man como creou este personaxe a partir dunha historia persoal súa.

Momentos moi interesantes que nos chegaron a pouco. Agora, só queda recomendar a lectura da súa nova novela: O paraíso dos inocentes. Ánimo e a por ela...

 

 

VISITA DE RIVEIRO COELLO


image | by Dr. Radut