Skip to Content

Complementarias

23 de ABRIL: DÍA DO LIBRO. PARTICIPA NO I CONCURSO DE ILUSTRACIÓN, CÓMIC, FOTOGRAFÍA E VÍDEO

Co gallo do DÍA DO LIBRO, que se celebra o 23 de abril, o Departamento de Lingua Castelá e Literatura proponnos ler "O DECAMERÓN"  de Giovanni BOCCACCIO durante este confinamento.

23 de ABRIL: DÍA DO LIBRO. PARTICIPA NO I CONCURSO DE ILUSTRACIÓN, CÓMIC, FOTOGRAFÍA E VÍDEO

O labor en silencio

Na aula de usos múltiples temos a disposición de todo o alumnado e profesorado  a exposición “O labor en silencio”

É unha exposición de imaxes cedidas por familias do Concello, coa que se pode facer unha viaxe ao pasado para coñecer a que se adicaban as mulleres a mediados do século XX.

O labor en silencio

Os Ciclos Formativos asistiron ás V Xornada de Xuventude e Emprego do Son

O xoves 11 de abril os grupos de primeiro (1º DAM, 1º ASIR, 1º AF e 1º XA) dos Ciclos Formativos do IES Leliadoura, xunto coas profesoras Miryam  Méndez e Graciela Redondo, asistiron ás V Xornada de Xuventude e Emprego organizadas polo Concello de Porto do Son. Este ano a temática das xornadas foi "Emprendendo dende o sustentable", sendo moi interesantes, cunha serie de charlas que achegaban a realidade e experiencia emprendedora ao alumnado. Unha experiencia moi enriquecedora e animada que intentaremos repetir o vindeiro ano.

Os Ciclos Formativos asistiron ás V Xornada de Xuventude e Emprego do Son

Visitamos en Compostela o Pórtico da Gloria e o Museo de Historia Natural

O pasado martes, día 30 de abril, viaxamos cos grupos de 2º da ESO a Santiago de Compostela coa idea de que o alumnado poideran ver in situ contidos que foran explicados na aula no relacionado coa Idade Media tanto en arte como en historia. Ademais de realizar unha visita guiada ao Pórtico da Gloria tamén entramos ao interior da catedral para poder apreciar con detalle os elementos estruturais do románico.

Visitamos en Compostela o Pórtico da Gloria e o Museo de Historia Natural
Distribuir contido


by Dr. Radut