O alumnado de 4º da ESO e dos ciclos de Informática e de Administración e obtivo información de primeira man do proxecto RELEVO2020 a cargo da oceanógrafa, María Calvo.
O venres 21 de xuño, tivemos o FESTIVAL FIN DE CURSO, dende ás 12:00 ata ás 14:30 no recinto interior do IES. Foi un evento moi animado no que participaron alumnos/as de 2º ESO con unha coreografía moi preparada que fixo a ledicia de toda a comunidade educativa.
Tivemos tamén unha “Pelexa de Galos”, entre alumnos de 3º ESO e 1º BACH., e a actuación de “XEVA”. O son correu a cargo de Musieventos, que xa colaborara con nós no festival de Entroido.