O alumnado de 4º da ESO e dos ciclos de Informática e de Administración e obtivo información de primeira man do proxecto RELEVO2020 a cargo da oceanógrafa, María Calvo. Recibiron información sobre as saídas profesionais vinculadas co sector do mar, dende cursos ata másteres universitarios, pasando por ciclos básicos, medios e superiores.
Según informou, os seus obxectivos son:
-
Facilitar espazos de posta en común, en relación ao sector pesqueiro, para mozas e mozos do territorio que teñen inquietudes e obxectivos comúns e moito que aportar nos eidos pesqueiro e social.
- Sensibilizar aos mozos e mozas na importancia que o sector pesqueiro ten no desenvolvemento territorial e a súa repercusión no patrimonio, desenvolvemento turístico e oferta gastronómica.
-
Continuar apoiando a profesionalización do sector pesqueiro e fomentando a innovación para que se siga a manter como un motor da nosa economía a través da creación de emprego, apoio á empleabilidade e/ou da inclusión social.
-
Poñer de manifesto a importancia de preservar os recursos e zonas costeiras e de loitar en contra do cambio climático.